quinta-feira, 24 de maio de 2012

VENRES, 25 DE MAIO, ASEMBLEA ABERTA A TODAS E TODOS NO C.S. AGUILHOAR



O próximo venres dia 25 de maio as e os participantes do Forum Social Limiao realizarán unha asemblea aberta a todas e todos os interesados neste inicitiva social, ás 21h30 no Centro Social Aguilhoar. Nela tratarase a valoración da concentración do 12M, as actividades feitas e propostas para seguir avanzando no proxecto.

Estades todas e todos convidados!

segunda-feira, 14 de maio de 2012

Xinzo sómase ás mobilizacións do 12M




Mais de corenta persoas, nomeadamente mozos e mozas, acodiron á concentración convocada polo Forum Social Limiao en Xinzo, con motivo das mobilizacións que desde o chamando movimento dos indignados se fixeran no pasado sábado por todo o globo.

Do Forum Social agradecemos a participación e encoraxamos ás e aos asistentes a impulsionar esta inicitiva social que pretende ser o Forum Social Limiao, aberta e participativa, que desde unha perspectiva galega e transformadora quer achegar o seu grauciño de area na construcción dun mundo mellor, por que non só é posíbel, senon necesario. 

segunda-feira, 7 de maio de 2012

[12 de Maio] Concentración na Praza Maior de Xinzo ás 19h00. OUTRO MUNDO É POSÍBEL!! TOMA A RÚA!!



Forum Social Limiao adhere ás convocatorias que ao redor do movimento 15M se teñen feito por todo o mundo para o dia 12 de Maio. Pretedemos, así, colocar tamén a Xinzo, como capital da comarca da Limia, simbolicamente no furacán que estas movilizacións pretender ser, após un ano da vaga de protestos contra a crise capitalista.

Por un outro mundo posíbel, toma a rúa o 12 de Maio!!!
As 19h00 concentración na Praza Maior de Xinzo de Limia!!!