quarta-feira, 18 de janeiro de 2012

Alternativas de producción no rural a debate. Documentario "A NOVA ALDEA" , sábado 21, às 20h00, na Casa da Cultura

Sábado 21, às 20h00, na Casa da Cultura en Xinzo.
Mais unha xornada de debate, agora adicada ás alternativas de producción no rural. Pasarase o documentario "A NOVA ALDEA" que nos mostará exemplos de modelos de vida fora dos grandes circuitos comerciais e empresariais. Cuestión que nos trará debate tamén as novas teorias do descrimeneto e o antidesarrollismo como modelos posíbeis de saída e desconexión do voraz capitalismo que vivemos hoxe en día.

A NOVA ALDEA

A NOVA ALDEA é un documental que desenvolve a idea central do repoboamento do rural galego entendido este como un ecosistema que nun tempo foi prioritario para o desenvolvemento de Galicia, e que agora se atopa nunha crise profunda a piques da súa desaparición. O que se persegue é que sexa un documental non meramente descritivo, senón que albisque posibles solucións na dirección de conformar ou replantexar un novo hábitat rural vivible hoxe en día, e cunha dignidade social i económica real, contemplando o rural con esperanza, coma un eido onde sexa posible vivir unha vida moderna e de futuro.

Ligazón ao documentario:  http://blip.tv/oroxo-tv/a-nova-aldea-4122796