terça-feira, 25 de outubro de 2011

Presentación pública

Forum Social Limiao. 
26 de Novembro, Casa da Cultura (Xinzo de Limia)

“Capitalismo é crise. Outro mundo é posíbel”

Programa:

16h30.-Presentación

17h00.- Mesa-redonda. "Causas e consecuencias da crise capitalista"

           - Documentario "Debtocracy"

18h00.- Mesa-redonda. “Respostas populares á crise. 15 M e outras alternativas”

           - Participarán unha Portavoz do 15 M e un politólogo especialista en movimentos e intervención social.

19h30.- Asemblea Aberta

23h00.- Concerto. "Irmandades do Falo" Sala Clan

Quen somos?

FORUM SOCIAL LIMIAO é unha iniciativa social impulsionada por persoas a título individual da comarca da Limia, aberta a todos e a todas aquelas que acreditamos nun outro mundo posíbel.

FORUM SOCIAL LIMIAO nace como espazo de reflexión, debate e acción, plural e participacipativo, para a análise da actual situación económica, social, ambiental, alimentaria, etc e para o deseño de alternativas para a construcción de un mudo xusto, igualitario e solidario.

FORUM SOCIAL LIMIAO asume como propias as loitas desenvolvidas até hoxe polos movimentos sociais nos distintos frentes para colocar ao ser humano acima de calquera outro interese, xa for político ou económico.

FORUM SOCIAL LIMIAO, desde o asemblearismo e a horizontalidade, quer achegar o seu grau de area aos actuais movimentos e procesos de vertebración de un sistema alternativo ao voraz capitalismo hoxe imperante en todos os pobos do mundo.