terça-feira, 25 de outubro de 2011

Quen somos?

FORUM SOCIAL LIMIAO é unha iniciativa social impulsionada por persoas a título individual da comarca da Limia, aberta a todos e a todas aquelas que acreditamos nun outro mundo posíbel.

FORUM SOCIAL LIMIAO nace como espazo de reflexión, debate e acción, plural e participacipativo, para a análise da actual situación económica, social, ambiental, alimentaria, etc e para o deseño de alternativas para a construcción de un mudo xusto, igualitario e solidario.

FORUM SOCIAL LIMIAO asume como propias as loitas desenvolvidas até hoxe polos movimentos sociais nos distintos frentes para colocar ao ser humano acima de calquera outro interese, xa for político ou económico.

FORUM SOCIAL LIMIAO, desde o asemblearismo e a horizontalidade, quer achegar o seu grau de area aos actuais movimentos e procesos de vertebración de un sistema alternativo ao voraz capitalismo hoxe imperante en todos os pobos do mundo.

Nenhum comentário:

Postar um comentário