Sábado 21, às 20h00, na Casa da Cultura en Xinzo.
Mais unha xornada de debate, agora adicada ás alternativas de producción no rural. Pasarase o documentario "A NOVA ALDEA" que nos mostará exemplos de modelos de vida fora dos grandes circuitos comerciais e empresariais. Cuestión que nos trará debate tamén as novas teorias do descrimeneto e o antidesarrollismo como modelos posíbeis de saída e desconexión do voraz capitalismo que vivemos hoxe en día.
A NOVA ALDEA
A NOVA ALDEA é un documental que desenvolve a idea central do repoboamento do rural galego entendido este como un ecosistema que nun tempo foi prioritario para o desenvolvemento de Galicia, e que agora se atopa nunha crise profunda a piques da súa desaparición. O que se persegue é que sexa un documental non meramente descritivo, senón que albisque posibles solucións na dirección de conformar ou replantexar un novo hábitat rural vivible hoxe en día, e cunha dignidade social i económica real, contemplando o rural con esperanza, coma un eido onde sexa posible vivir unha vida moderna e de futuro.
Ligazón ao documentario: http://blip.tv/oroxo-tv/a-nova-aldea-4122796
Nenhum comentário:
Postar um comentário